Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E TECNOLOXÍA

Traballan nun tradutor automático para as linguas do estado

Un grupo de empresas e institucións de todo o estado están a traballar no desenvolvemento dun tradutor automático para as catro linguas oficiais. A data prevista de remate dos traballos é comezos de 2006, e permitirá dentro dunha mesma ferramenta a tradución de galego, vasco e catalán a castelán (e ao revés). O proxecto impúlsao o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

- 13:46 19/01/2005
Tags:

A mediados de 2004 diversas empresas e institucións de todo o estado comezaron a traballar nun proxecto de I+D financiado en parte polo programa Profit do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. O resultado do proxecto consistirá nun sistema de tradución automática en software libre, e permitirá converter textos en galego, catalán e vasco nun texto escrito en castelán, e viceversa.

Polo de agora non van ser desenvolvidos tradutores directos galego-vasco ou galego-catalán. A principal novidade que presenta o proxecto é o seu carácter aberto, o que permitirá modificar libremente o programa de tradución dun usuario e axeitalo as súas necesidades.

Pola parte galega participan no proxecto Imaxin Software e o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, pola catalá Thera, Centre de Llenguatges i Computació, o centro de investigación TALP da Universitat Politècnica de Catalunya e o grupo Transducens da Universidade de Alacante; e pola vasca a fundación Elhuyar, a empresa de enxeñaría lingüística Eleka, e mais o grupo de investigación IXA da Universidade do País Vasco.


0/5 (0 votos)