Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
NA FACULTADE COMPOSTELÁ DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

Viaxes na Lusofonía, percorrido polo audiovisual

Inserida na celebración do VII Congreso Internacional de Comunicación Lusófona, LUSOCOM 2006, esta Feira de Produtos Audiovisuais chamada "Viaxes na Lusofonia" reunirá, do 20 ao 22 de abril, materiais de creadores individuais e pequenas produtoras: longametraxes e curtametraxes, de fición e documentarios, de Portugal, Galiza, Brasil e a África Lusófona danse cita na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. O evento está coordinado polo profesor Marcelo Martínez.

- 15:16 10/04/2006
Tags:

"Viaxes na Lusofonía" constitúe un punto de encontro entre creadores, e lugar de intercambio comercial entre os mesmos con produtoras e distribuidoras. Durante os dous días nos que terá lugar a Feira Audiovisual, instalaranse na Facultade de Ciencias da Comunicación un conxunto de stands para a distribución de material informativo e promocional.

A mostra dará comezo o xoves (quinta feira) ás 16:00, con dúas proxeccións en paralelo: na sala de visionado 1, 'Olladas dende o Brasil' acolle a cinematografía de Beto Sporkens (Silva), Miriam Chnaiderman (Isso, aquilo e aquilo outro), A.C.Cirino, J.Carvalho, M.Costa, M.Rattes, P.Gomes (O Antenor, igualmente nós), Dellani Lima (A urgência), Anna Lucchese (Olhar transeunte), e Pedro Urano (Estudo etílico para construção de uma estrada real); na sala de visionado 2, 'Viaxes no tempo, viaxes no espazo' percorre en imaxes varias cidades e contextos: From park to park, de Tito Guedes e Manuel Ogando, Sâo Paulo: saudades do futuro, de Marie-Clémence & César Paes, Cidade en movemento, de Vasco Santos e Frederico Gonçalves, e Duas histórias de prisâo, de Ginette Lavigne, integran esta sección. A seguir, ás 18:00, será a apertura oficial da Feira no Auditorio da Facultade, onde se proxectará Terras do xicle, de Carlos Velo, e a partir das 19:00 iniciarase unha nova viaxe cinematográfica, desta vez a través da África lusófona: Mionga ki ôbo (Mar e selva), de Ângelo Torres, Batuque, a alma dun pobo, de Júlio Silvão Tavares, e Angola. Histórias da música popular angolana, de Jorge António, integran unha perspectiva sobre o cinema africano.

Ao día seguinte, dende as 11:00 da mañá, serán proxectados na sala 1 de visionado filmes do cinema máis novo do Brasil: O cao sedento, de Bruno de Sales, Leviatã, de Camilo Cavalcante, O escritor das ruas, de Marcelo F. Sampaio e Tote Justino, Sacanagem poética para as novas gerações, de Dellani Lima, O cao engarrafado, de Anna Lucchese, Ah! Eu já ía mesmo pedir notícias dele…, de Louise Ganz e Dellani Lima, e Capitulo primeiro, de Roberto Maxwell.

A partir das 12:15 haberá unha mostra do último cinema galego titulada 'Feito aquí', que comeza cun estudo do grupo de investigación CIDACOM, dirixido por Marcelo Martínez, sobre os títeres en Europa: Titirimundi. Logo veñen o documental de Margarita Ledo Andión Manuel María. Fala e terra desta miña terra, Rúa Limia, s/n, de Teresa Barberena, O mito de Venus, de Cristina Castro, Carmen Costa, Jacobo Rey, Silvia Roca e Nuria López, un documental sobre mulleres que padeceron cancro de peito, Wolfram, de Antón Álvarez, Inés Colmeiro, Miguel Lamas, Cristina Mouriño e Claudio Pan, sobre a explotación das minas de wolframio durante o franquismo, e o primeiro episodio de Cabodomundo, a primeira experiencia de televisión comunitaria en Galiza, realizada con veciños de Chantada.

A partir das 14:30, na mesma sala serán proxectados o filme colectivo Hai que botalos!, As muxicas, de Carlos A. Alonso, Como foi o conto, de Alberte Pagán, e A boa caligrafía, de Álex Sampaio, dentro da sección 'Creando historias.' Sobre as 16:00 comezará 'Recreacións do real', que abrangue filmes coma Ave Maria ou Mâe dos oprimidos, de Camilo Cavalcante, Gosto de ti como és, de Silvia Firmino, Black and white, de Daniel Blaufuks, A história da Eternidade, de Camilo Cavalcante, e Documento Boxe, de Miguel Clara Vasconcelos.

Ás 18:30, 'É todo verdade' reúne o mellor documental: Tinta fresca, de Paula Alzugaray e Ricardo van Steen, e Muvart, de J.A. Nhantumbo, abordan a arte do pobo, e Bissau d'Isabel, de Sana Na N’hada, adéntrase no corazón da Guiné.

A voz feminina é a protagonista dende a sala de visionado 2. 'Elas teñen a palabra' comeza con Estrela da tarde, de Madalena Miranda, que relata o quefacer cotián dunha ama de casa do Brasil. D. Nieves, de Miguel Gonçalves Mendes, Mulheres da terra, de Liliana Liberato, Mariana Puga, Xandra Stefanel (que aborda a vida feminina entre os integrantes do Movemento dos Trabalhadores Sem Terra), Coisa dos homens, de Rafael Miyashiro e Belkis Trench, City skin, de Telmo Ramos, e Naquele bairro, de Madalena Miranda, completan o programa.

A xornada rematará ás 21:30, no Auditorio da Universidade (no Campus Sur), cun concerto da recén chegada de Brasil Uxía Senlle.

E xa o sábado, despedida de luxo con tres novas series: 'Cidades en (de)construción' comeza na sala 1 ás 10:00 con Foi através da necessidade, de Ana Lúcia Ferraz, ao que seguen O arquitecto e a cidade velha, de Catarina Alves Costa, e Madrugadas, de Rui Simôes. Ás 12:15 comeza 'Olladas sobre Portugal', cos documentais de Leonor Areal A guerra do Iraque e o de Maya Rosa No jardim do mundo.

Por último, 'A voz é do pobo', ás 12:00 na sala de visionado 2, abrangue tres documentais galegos: CCCV, a achega de Ramiro Ledo Cordeiro sobre o cineclubista Carlos Varela, Todo punk é católico, de Carlos Magno Oliveira e Bruno Pacheco, e Cançôes de Dili, de André Bechelane.


Documentos

0/5 (0 votos)