Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Xurxo Souto e Maestro Reverendo apadriñan a festa

Ribeira réndelle unha homenaxe musical á chuvia

Unha carpa acollerá o sábado as actuacións de Bonovo, Banda Potemkin e Jabón Blue, entre outros.

Redacción - 17:06 30/03/2007
Entrada na web da festa

Entrada na web da festa

O Maestro Reverendo e Xurxo Souto serán os padriños da terceira Festa da Chuvia, que se celebra o sábado 31 en Ribeira. A asociación Bastantes Llon e a produtora Oito nun piso organizan un festival alternativo nunha época do ano non moi dada a este tipo de eventos. Ademais, este ano parece que choverá.

As actividades arrancarán ao mediodía, coa actuación da Charanga Dorneira e do grupo de gaitas Arume polas rúas da vila, que prepararán o terreo para o concerto do Maestro Reverendo, que estará ás dúas da tarde no local Capitán Morgan.

Xa ao serán, a iso das sete e media, abrirá a carpa de 700 metros cadrados onde se desenvolverán os espectáculos a resgardo dos fenómenos atmosféricos. Irán pasando por alí os grupos locais Os Sosios, Mela-Pela e Ovos Chocos. Ás dez menos cuarto chegará o momento da inauguración oficial, con Reverendo e Souto como mestres de ceremonias no escenario Chóveche?

A partir dese momento, sucederanse as actuacións de Bonovo, ás dez e media, Banda Potemkin, ás doce; Jabón Blue, ás dúas; Iván DZ, a continuación, e un espectacular fin de festa coa charanga da Compañía do Ruído. A organización venderá discos coas actuacións do ano pasado, e os primeiros 500 compradores recibirán unha entrada de balde.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: