Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A segunda xornada, o domingo en Boiro

A liga estatal de traíñas sae por vez primeira das augas do Grove

Coa incorporación á liga do clube da vila, o Mecos, xa hai dous galegos a competir pola coroa da liga do Norte.

Redacción - 12:15 07/07/2007
Cartaz da proba meca

Cartaz da proba meca

É a primeira vez que a liga ACT de traíñas abandona as augas do Cantábrico para facer a súa espectacular saída da Ría de Arousa.

Este ano compiten dous clubes galegos no máis alto nivel: o Cabo de Cruz de Boiro e os Mecos do Grove. Ao acto, que foi presentado esta semana en Compostela, asistiron representantes da Dirección Xeral de Deporte (a secretaria xeral, Marta Souto), da Xunta e dos dous clubes.

Este sábado ás 18.00 horas, ten lugar a saída da primeira proba do campionato en Pedras Negras. A competición foi bautizada polos 'mecos' coma V B Outón Xunqueiriña. Xa o domingo, a partir das 12.00 horas, se disputa a XVII Bandeira Concello de Boiro nesta vila.

Liga ACT

A liga ACT organiza este ano a súa quinta edición xuntando ás mellores tripulacións do Cantábrico e, agora tamén, ás mellores do Atlántico galego. En total, xunto coas dúas desta fin de semana, hai 18 regatas, que puntúan para acadar o título de campións. A derradeira será o 23 de setembro.

Todo un verán remando, onde se verá a clasificación final dos galegos. O ano pasado, os de Cabo de Cruz ficaron na quinta posición.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os boirenses do Cabo de Cruz
Os boirenses do Cabo de Cruz
Outra imaxe dos do Cabo de Cruz
Outra imaxe dos do Cabo de Cruz
Os Mecos remando a finais de xuño na Bandeira de Coruxo
Os Mecos remando a finais de xuño na Bandeira de Coruxo
O Liga ACT parte de augas galegas. Na imaxe, o equipo dos Mecos
O Liga ACT parte de augas galegas. Na imaxe, o equipo dos Mecos