Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
O equivalente en Irlanda das "galescolas"

A ministra de Educación irlandesa impón o inglés nas Gaelscoilanna

As organizacións en defensa do irlandés criticaron abertamente a decisión da ministra e ven a nova directiva como un paso atrás na política de normalización.

María Golpe - 11:00 30/07/2007
Zonas da illa onde se fala irlandés

Zonas da illa onde se fala irlandés

A ministra de educación irlandesa Mary Hanafin anunciou que o goberno imporá o uso do inglés en todas as Gaelscoilanna (escolas primarias 100% en irlandés) a partir do próximo curso escolar. As organizacións para a defensa do idioma irlandés critican unha decisión da ministra e ven a nova directiva como un paso atrás na política de normalización do irlandés.

A directiva entrará en vigor o próximo curso escolar, aínda que as Gaelscoileanna terán até o curso 2008/09 para adaptarense á nova lei. As gaelscoileanna normalmente introducen o ensino do inglés para os nenos de 7/8 anos (senior infants ou first class), no canto de introducilo dende o comezo, cando os cativos teñen 5 anos (junior enfants).

Nas gaelscoileanna o Irlandés é o idioma empregado para educación dos cativos (de xeito exclusivo nos primeiros dous anos de escolarización) e están situadas fora dos Gaeltacht (zonas irlandés-falantes) para lograr que os nenos das zonas anglófonas do país (que non teñen contacto na súa vida diaria co irlandés) adquiran un comando perfecto do gaélico.

Segundo a oficina central de estatísticas (CSO), só 41% dos irlandeses teñen coñecemento do idioma irlandés, unha porcentaxe que leva diminuíndo progresivamente nos últimos anos. Deste 41%, só un cuarto fala irlandés na súa vida diaria (isto supón tan só un 10% da poboación total do país).

Calcúlase que a poboación das zonas irlandés-falantes é pouco máis de 85.000 persoas (dunha poboación total de 4 millons de habitantes que ten a República).

Para as organizacións de defensa da lingua, nos entornos 99.99% anglófonos da illa, a inmersión lingüística nas aulas é a única posibilidade para os nenos de aprender Irlandés de maneira fluída. O acceso as gaelscoileanna é opcional, xa que os pais teñen a opción de enviar os cativos a escolas tradicionais nas que o idioma de traballo é o inglés.

Donal O'Conaill, secretario de An Foras Patrunachta, representante de 51 escolas que ensinan 100% en irlandés na illa, expresou a sua preocupación diante desta decisión do goberno.

A ministra tamén foi criticada, xa que o goberno se comprometera a promover o uso da lingua na República e esta decisión polémica chega tan só dous meses despois das eleccións xerais.


4,5/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: