Para Bragado, a selección podería impulsar a canteira dos equipos galegos, algo que até agora non se produciu.
Un nome: "Levo uns días pensando en que podía chamarse A Serpe Brancaceleste".
Un prognóstico: "2-1 no partido dos homes, e 3-0 no das mulleres".
A Selección: "O primeiro partido, o de Santiago, foi unha emoción extraordinaria, un fito histórico. E sobre todo foi unha sorpresa persoal, para min, o feito de descubrir que tiñamos un combinada excelente, con posibilidades de competir como calquera outro país (...) Pensaba que a selección podería servir para impulsar a canteira dos equipos galegos, case inexistente pola política lamentable que están levando a cabo as directivas de Celta e Deportivo, e que forza aos xogadores a buscar o seu futuro no resto do Estado e mesmo fóra, nas ligas inglesa ou escocesa. Podía ser, pero até agora non foi".