A deportista coruñesa aposta por unha dobre victoria para o partido do vindeiro xoves 27
Un nome: "Gústame algo con humor, o do Grelo Mecánico está moi ben, é moi simpático".
Un prognóstico: "Confío en que ámbolos dous equipos van gañar, o masculino contra Camerún quizáis o teña un pocuo difícil, así que penso que quedarán 1-0. A Selección feminina pode golear máis, e chegar até o 3-1".
A Selección: "O feito de ter unha selección propia é moi importante para o deporte galego. Entendo este tipo de partidos como unha iniciativa para promocionar o noso deporte, mais non para xogar en competicións de algo nivel, internacionais ou olímpicas. O futuro que lle vexo é en partidos amistosos. Unha cousa importante para que poida seguir adiante é o apoio por parte do público, que considero que neste caso é moi amplo".