No momento no que Galiza xogaba contra Camerún en Balaídos, as cámaras da Galega eran seguidas por un 18% da audiencia, un dato por riba do que acadaron outras televisións autonómicas.
O difícil na noite desta quinta feira era superar ao reality show, case milenario, dunha cadea estatal, pero a Galega conseguiu, cun 18% da audiencia na súa faixa horaria, situarse por riba da media.
En relación a outras TV's autonómicas, a Galega, mentres emitía o partido Galiza-Camerún, ficou por riba da televisión catalá, a TV3 (cun 14,5% da audiencia) e a andaluza Canal Sur (cun 15,9%), que botaban un programa de humor e un filme respectivamente.
En canto á TV estatal, a Galega mantívose, mentres retransmitía o encontro para todo o país, cunha audiencia meirande, en relación a outras comunidades, onde a televisión propia ficou nun segundo plano.