Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ATÉ O 2 DE MAIO

Eganet abre a convocatoria dos seus premios para empresas tecnolóxicas

Haberá nove categorías diferentes, cada unha con catro finalistas, ademais dun premio especial.

Redacción - 12:00 19/04/2008
Estatuíña dos premios Eganet

Estatuíña dos premios Eganet

Eganet, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, xa abriu o prazo de recepción de candidaturas para a quinta edición dos seus premios. Os galardóns creáronse para recoñecer o labor daquelas empresas do país que axudan ao desenvolvemento do sector das tecnoloxías da información en Galiza.

Desta volta, Eganet estabeleceu nove categorías diferentes que cobren todos os ámbitos da internet e das novas tecnoloxías: E-emprendedores, Software Libre, Cultura Dixital, Comunicación Web Empresarial, Sociedade Web, Aplicación on-line, E-Commerce, Publicidade online e Tecnoloxía Accesíbel e Segura, ademais dun premio especial. Ademais, por primeira vez haberá catro finalistas por categoría, en lugar dos tres das edicións anteriores.

Pódense presentar candidaturas até o 2 de maio, e a gala de entrega desenvolverase o día 22 en Compostela.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: