Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
O proxecto de Ibarretxe en liña

Se non leron o plan: pregunten

O presidente do goberno vasco responderá en internet a cuestións relacionadas coa consulta fixada para o próximo mes de outubro.

Redacción - 09:00 09/06/2008

Desde hai varios meses funciona na rede o espazo Konpondu.net, un proxecto do goberno vasco que no seu momento foi presentado como ferramenta electrónica para o "impulso da participación cidadá na construción da paz".

Neste espazo, os cidadás xa deixaran preguntas e pediran aclaracións arredor da consulta que o lehendakari, Juan José Ibarretxe, propuxo facer o próximo mes de outubro. Por este motivo, Ibarretxe anunciou que desde a pasada fin de semana e até o próximo día 23 de xuño, contestará "persoalmente" e a través de internet a todas as cuestións que lle formulen arredor desta iniciativa. Os internautas pódenlle achegar as preguntas a través de vídeo ou por escrito desde esa mesma bitácora e Ibarretxe promete respondelas todas. Ademais, nun acto público o luns 23, responderá unha selección das máis significativas.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: