A tripulación do Morrazo gañou tamén a Bandeira de Oleiros, a segunda da liga nacional. Detrás entraron, por segunda vez, o Náutico de Vigo e Chapela.
O Samertolameu volveu dominar a segunda proba da Liga Galega de Traíñas, a Bandeira Concello de Oleiros. O liderado dos de Meira confirmouse, mais por detrás dos remeiros do Morrazo, volveron entrar outra vez os do Náutico de Vigo e de Chapela.
Este domingo en Oleiros a quenda que máis interese tiña era a última, porque enfrontaba os catro mellores clasficados a fin de semana pasada, no comezo da Liga: SD Samertolameu, RC Náutico de Vigo, CR Chapela e CR Mecos. Os catro clubes ofreceron un gran espectáculo, mais foron os remeiros de Sametolameu os que gañaron a quenda, cun magnífico rexistro de 19:10:31, pasando no último momento á traíña do Náutico de Vigo, que foi segunda. Chapela acabou terceiro e Mecos cuarto.
Na clasificación xeral, o Samertolameu lidera a Liga, con 28 puntos, seguido do Náutico de Vigo e o Chapela.