Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ÚNESE A TIRÁN E CABO DE CRUZ

Meira chíscalle o ollo á elite estatal do remo

A Sociedade Deportiva Samertolameu acadou este fin de semana o ascenso á Liga San Miguel.

Redacción - 11:05 22/09/2008
Meira durante unha competición anterior

Meira durante unha competición anterior

A embarcación de Meira obtivo dous segundos postos nas regatas disputadas en Euskadi esta fin de semana, co que ascende á Liga ACT San Miguel, organizada pola Asociación de Clubes de Traíñas.

As eliminatorias disputáronas Samertolameu e Kaiku como aspirantes ao ascenso, fronte aos dous clubs que remataron a pasada edición da Liga San Miguel nas últimas posicións, Arkote e Laredo.

O ascenso dos galegos fraguouse en dúas fermosas regatas disputadas dentro da Bermeo Hiriko Ikurriña e a Bandera El Corte Inglés, esta última desenvolvida en Portugalete. Na primeira das probas, Arkote fixo unha grande saída, pero foi perdendo forzas para rematar terceira a menos dun segundo do barco de Meira. A diferenza entre as dúas embarcacións foi aínda maior na regata de Portugalete, e desde o segundo parcial os galegos administraron con comodidade unha diferenza que rematou por chegar aos oito segundos.

As outras dúas posicións ocupáronas nos dous casos Kaiku, que acompaña a Samertolameu no ascenso despois de dúas vitorias, e os cántabros de Laredo, que en ningún momento estiveron en condicións de loitar por manter a categoría.

E na Liga Galega
Con este resultado os de Meira pechan unha gran temporada na que xa estaban a dominar a Liga Galega de Traíñas. A vitoria final foi aquí para o náutico de Vigo, xa que Samertolameu non acadou puntos nas dúas últimas regatas porque renunciou á súa disputa para prepararse pensando no ascenso que vén de acadar. Na nova categoría terán como anfitrións de luxo a outros dous clubs galegos, como son Tirán e Cabo de Cruz, co que o noso remo ocupa tres das 12 prazas que dan dereito á disputa de este campionato.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: