Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MODERNIZACIÓN XUDICIAL

Euskadi e Navarra intercambian aplicacións informáticas do ámbito da xustiza

Os dous gobernos asinaron un convenio de colaboración mediante o cal se comprometen a cederse mutuamente diversas aplicacións informáticas que se poden utilizar nos procesos e trámites xudiciais.

Redacción - 13:38 03/10/2008
Joseba Azcarraga e Javier Caballero durante a sinatura do convenio

Joseba Azcarraga e Javier Caballero durante a sinatura do convenio

Con este acordo as administracións amosan a necesidade que ten a xustiza de modernizarse mediante a incorporación progresiva das tecnoloxías da información e a comunicación.

O convenio establece que o Goberno de Euskadi lle cederá a Navarra o uso da infraestructura xurídica para aplicación da xestión procesual que inclúe esquemas ou guías de 636 tipos de procedementos distintos e 18.903 trámites dos diversos ordes xurisdiccionais.

Con esta guía, facilítase o traballo dos funcionarios e tamén se posibilita un maior control da labor do xulgado en cada procedemento xudicial.

Pola súa banda, o Goberno navarro cede a Euskadi a aplicación informática referente á xestión dos candidatos a xurados nos xuízos de Tribunal de Xurado (listados de candidatos, constitución pos sorte, disolución, atención de reclamacións, tramitación de comunicacións ou arquivos de actuacións, entre outras cousas).

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: