Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Xusto antes de se abrir a campaña electoral

O Constitucional deixa que Iniciativa Internacionalista concorra ás europeas

O alto tribunal rectificou a anulación da candidatura ditada polo Supremo, a instancias do goberno español.

Redacción - 08:00 22/05/2009

A campaña electoral das eleccións á Eurocámara comezou na media noite desta quinta feira para a sexta, coincidindo coa aceptación, por parte do Tribunal Constitucional español, do recurso que presentou a coalición Iniciativa Internacionalista, contra a decisión tomada polo Tribunal Supremo, de ilegalizar a súa candidatura, a instancias da Fiscalía e da Avogacía do Estado.

Finalmente, a lista formada por independentes e militantes de Izquierda Castellana e Comuneros; a Frente Popular Galega -representada polo escritor e líder da formación, Xosé Luís Méndez Ferrín-; a Cucha Independentista Aragonesa; a Corrente Vermella; a Iniciativa Comunista; e a Loita Internacionalista, poderá concorrer aos comicios do vindeiro 7 de xuño.

O Constitucional aceptou o recurso de amparo presentado por esta coalición, dando por bos os argumentos de Iniciativa Internacionalista esgrimía no texto, entre os que había unha condena do uso da violencia para obter obxectivos políticos. O Supremo ilegalizara a candidatura desta coalición alegando que era "sucesora de Batasuna", o partido da esquerda independentista vasca ilegalizado en 2003. Membros da candidatura xa anunciaron a súa intención de querelarse por inxurias e calumnias contra os ministros de Interior e de Xustiza españois, Alfredo Pérez Rubalcaba e o ceense Francisco Caamaño Rodríguez, respectivamente.

Acto contra a ilegalización en Vigo
Esta quinta feira celebrouse un acto público no IES Santa Irene de Vigo, no que diversas organizacións políticas, sindicais e sociais, entre elas a propia Frente Popular Galega, amosaron o seu rexeitamento á ilegalización desta candidatura. Mesmo se dispoñibilizou un autobús que saía de Compostela para conseguir ter un grupo grande arredor do candidato galego desta listaxe, Xosé Luís Méndez Ferrín.


5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: