Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
En directo pola TVG

Última parada das traíñas da Liga San Miguel en Galiza

Esta fin de semana dispútase a segunda volta da XXVII edición da Bandeira Concello de Moaña.

Redacción - 18:30 16/07/2009

A segunda volta da XXVII edición da Bandeira de Moaña, que puntúa na Liga San Miguel, dispútase este sábado e domingo no concello do Morrazo. Será a última parada en Galiza das embarcacións que participarán na competición organizada pola Asociación de Clubs de Traíñas (ACT).

As doce mellores tripulacións comezarán a vogar ás 18.00 horas do sábado polo Gran Premio Ría de Vigo, e polos 22.500 euros en premios con que está dotada a proba. O domingo ao mediodía será a quenda do Gran Premio Fandicosta, regata que tamén repartirá 22.500 euros en premios.

Ambas as dúas serán puntuábeis para a clasificación xeral da Liga San Miguel, mais o vencedor da Bandeira do Concello de Moaña, que se presentou este mércores no Hotel Benestar da localidade, decidirase computando os tempos das dúas xornadas. A regata retransmitirase en directo pola TVG (e pola EiTB vasca).


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: