Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Encontro bilateral

Eganet pídelle ao Goberno máis cobertura e promoción das TIC

A presidenta da asociación, Beatriz Legerén, pediulle á secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, potenciar un sector vital para o desenvolvemento económico.

Redacción - 18:00 20/07/2009

Representantes da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) reuníronse coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, para analizar a situación do sector TIC galego. Ambas as dúas partes coincidiron na relevancia do sector en tempos de crise e no labor que desenvolven as asociacións como apoio ao tecido empresarial.

Ao encontro acudiron a presidenta, Beatriz Legerén; a vicepresidenta primeira, Mª Luz Castro, e a coordinadora de Eganet, Mª Xosé Jamardo. Legerén expúxolle á secretaria xeral o labor que está a desenvolver a asociación como motor das TIC para combater a fenda dixital no país e pediulle, ademais da "ampliación da rede de telecomunicacións, un achegamento á cidadanía para que a demanda de TIC sexa acorde á oferta".

Segundo a responsábel de Eganet, "a maior coñecemento, maior posibilidade de mellora e maior desenvolvemento e competitividade, tanto das novas tecnoloxías coma dos distintos sectores produtivos galegos". Tanto Legerén como Pereira coincidiron en valorar positivamente o feito dde que o novo Goberno unificase as competencias en materia TIC nun único departamento, dependente de Presidencia, o que garante unha maior transversalidade.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: