Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
75 entidades adheridas

O clúster TIC bota andar coa meta de reforzar o sector e ampliar mercados

Entre os impulsores: Eganet, Ineo ou Aetic-Galicia así como colexios profesionais como Coetg e Cpeig, e diversas empresas do sector.

Redacción - 11:15 16/01/2010

O Clúster TIC trazará as súas liñas estratéxicas que, en calquera caso, perseguirán os fins constitutivos da asociación e que pasan por potenciar as accións de desenvolvemento das empresas, xerar mercados de alianzas que eleven o nivel competitivo dos produtos e servizos galegos nos mercados estatais e internacionais, estabelecer convenios de financiamento, favorecer o desenvolvemento tecnolóxico, optimizar as infraestruturas, representar o sector TIC galego e promover o asociacionismo empresarial. Así o explicou na asemblea Beatriz Legerén, de Eganet, quen de xeito provisional asume a presidencia do clúster.

A iniciativa xorde do consenso e esforzo conxunto das organizacións EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías), INEO (Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación), AETIC-Galicia (Consello Territorial de Galicia da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España), COETG (Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) e CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia).

A súa actividade comezou formalmente esta semana logo de remataren os procedementos de legalización estatutaria e rexistro. Na súa primeira xuntanza este xoves unha asemblea xeral ordinaria, que tivo carácter informativo, ratificouse a adhesión de 75 entidades, entre asociacións empresariais e profesionais do sector, colexios oficiais e empresas participantes. A asemblea foi presidida e moderada pola presidenta provisional do Clúster e presidenta de Eganet, Beatriz Legerén. Para o próximo 11 de febreiro está convocada unha asemblea xeral extraordinaria na que se elixirán a presidencia e os membros do comité estratéxico da asociación.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: