Un novo selo virtual ofrécese para publicar na rede traballos con licenzas libres para a súa descarga. Estréase cun EP de Maricones para Sitges.
A internet galega xa conta cun novo selo discográfico virtual. Trátase do 'netlabel' O Toxo Rabudo, que se ofrece, sen ánimo de lucro, para que calquera tipo de músicos compartan libremente as súas creacións baixo unha licenza Creative Commons.
O Toxo Rabudo estreouse co traballo Ostias confitadas do grupo compostelán Maricones para Sitges, e está aberto a que os artistas lles envíen traballos en formato mp3 para a súa distribución libre.