Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Xestión de residuos

A Xunta decidirá antes de xullo onde sitúa a segunda planta de Sogama

O Goberno inclínase polo sur so país. O único pechado é que "cómpre facer un complemento" da actual.

Redacción - 17:00 19/01/2010
Planta de Sogama en Cerceda

Planta de Sogama en Cerceda

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou este martes que a decisión sobre onde instalar unha segunda planta da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) se tomará no primeiro semestre do ano, aínda que apuntou que existe un "centro de gravidade" na xeración de residuos no sur do país.

En resposta a preguntas dos xornalistas logo de presentar unha campaña de concienciación para escolares, Hernández indicou que "a única decisión" que está tomada, polo momento, é a que aparece no plan de residuos presentado o pasado verán. "É necesario facer un complemento da planta de Sogama", afirmou.

No entanto, aclarou que "non está pechado aínda" se será "na propia instalación de Cerceda ou noutra situación máis no sur", como consecuencia "do centro de gravidade da xeración de residuos neste momento en Galiza", que ten "unha compoñente importante" no sur.

Aforro para os concellos
En calquera caso, o titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinalou que "estará pechado" -a situación- no primeiro semestre do ano. Por outra banda, Hernández apuntou que a redución en orixe e a recollida selectiva poden supoñer un aforro para os concellos de entre cinco e dez millóns de euros ao ano


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: