Apróbase por unanimidade unha moción presentada polo BNG e que contou co apoio de socialistas e 'populares'.
Vilariño de Conso sitúase na Comarca de Viana
O concello de Vilariño de Conso (Comarca de Viana) converteuse este luns no primeiro de toda Galiza en manifestarse en contra do decreto do galego no ensino, proposto pola Consellaría de Educación. Este municipio, con alcalde do PPdeG, aprobou por unanimidade unha moción impulsada polo BNG na que se demanda a retirada do texto e que considera “unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un Goberno que maltrate e desprece a lingua propia do noso País”.
A moción aprobada insta á Xunta a que cumpra coas súas obrigas estatutarias en normalización da lingua propia de Galiza e pídeselle ao Executivo que “retome o consenso político e social que quedou consagrado na Lei de Normalización Lingüística e no Decreto 124/2007”. A iniciativa, que contou co respaldo de PPdeG, PSdeG e BNG, será debatida tamén noutros concellos.