Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
"Deixen de procurar lixo na internet!", di

O PPdeG impide cos seus votos que o Parlamento reprobe o Roberto Varela

O conselleiro asegura que "se non crese firmemente" na cultura do país "non estaría aquí", e garante que non vai dimitir.

Redacción - 18:25 24/02/2010

Os dous grupos da oposición, PSdeG e BNG, retomaron esta cuarta feira a súa petición de cesamento ou dimisión do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, polo que entenden como "desprezo" cara á cultura do país, logo de afirmar que a vía "ensimesmada e acomplexada".

O PPdeG, que votou en contra de reprobar as súas palabras, alegou que estas declaracións "foron terxiversadas". Porén, as declaracións de Varela tiveron como consecuencia unha carta de protesta de 11 escritores que obtiveron o Premio Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura.

"Trouxo de Nova York unha equipaxe chea de complexos e prexuízos cara ao noso país", censurou a deputada do BNG Ana Pontón, para soster que unha persoa con estes sentimentos cara á cultura do país "non debería seguir na consellaría". "Que pasaría se os responsábeis de Medio Rural ou Pesca dixesen que os produtos agrarios ou pesqueiros galegos son de mala calidade?", cuetionou.

Coa nacionalista concordou o voceiro de Cultura do PSdeG, Francisco Cerviño, que 'concedeu' a Roberto Varela a "medalla de prata" de acumulación de maior "consenso en contra". "A medalla de ouro é para o conselleiro de Educación, por suposto", espetou, tras interpretar que entre as características do presidente da Xunta non está a de saber "crear equipos".

Pola súa banda, a deputada do PPdeG Natalia Barros censurou a "terxiversación" que se fixo, por parte dos grupos da oposición, das palabras do conselleiro, e destacou o seu "compromiso" e o seu "orgullo" ao facer promoción da cultura, as industrias e os creadores galegos.

"Non vou dimitir", di o cuestionado

Na que foi a súa primeira intervención na Cámara despois do debate desta iniciativa, o conselleiro de Cultura avisou de que non dimitirá e puxo de manifesto que se non crese "firmemente" na cultura galega, non estaría "aquí".

Ademais, tamén desmentiu calquera "rumor" que poida aparecer sobre o seu relevo á fronte da Consellaría. "Xamais pensei en dimitir e non vou dimitir", resolveu. Previamente, Carme Adán evocara diversas páxinas de redes sociais onde pedían a dimisión do conselleiro e censuraban a súa xestión.

"Deixen de procurar lixo na internet!", recomendou Varela, e espetou: "Hai que ser estúpido para pensar que eu vou dicir Desván de los Monjes -en troques de Sobrado dos Monxes (en alusión a unha suposta intervención do conselleiro, relatada no blogue Trafegando Ronseis)".


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: