Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTA SEMANA

Sons da lusofonía percorren Galiza

“A minha embala” levan ritmos angolanos, caboverdianos ou brasileiros ás principais cidades do país.

Redacción - 19:00 03/03/2010

Aline Frazão e César Herranz poñen música e voz ao proxecto “A miña embala”, unha iniciativa que está a percorrer algunhas das salas de concerto das principais cidades do país. Os seus sons lusófonos están afincados no universo musical de Angola, Cabo Verde, Brasil, Portugal ou Galiza e ofrecen composicións nas súas diversas expresións idiomáticas, como o portugués, crioulo, kimbundu ou umbundu.

Velaquí as súas próximas actuacións, nas que ofrecerán novos petiscos de música lusófona: 

  • QUARTA FEIRA, 3 MARZO. 21:00 C.S. A Cova dos Ratos. Romil, 3. Vigo
  • QUINTA FEIRA, 4 MARZO. 19:30h. Biblioteca Municipal de Sagrada Familia. Antonio Pereira, 1. A Coruña. 
  • QUINTA FEIRA, 4 MARZO. 22:00h. A Cova Céltiga. Rúa Orzán, 86. A Coruña
  • SEXTA FEIRA, 5 MARZO. 20:00h Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Montirón. Lugo 
  • SÁBADO, 6 MARZO. 21:00h A Gentalha do Pichel. Santa Clara, 21. Santiago de Compostela.


Ligazóns

4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Actuación de Aline Frazão

Aline Frazão e César Herranz poñen música e voz ao proxecto “A miña embala”
Aline Frazão e César Herranz poñen música e voz ao proxecto “A miña embala”