Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Datación científica

O carbono 14 destapa unha fraude nos viños de reserva

Usando o mesmo método que se emprega cos achados arqueolóxicos e paleontolóxicos, un equipo australiano descubriu que un 5% dos caldos non se colleitaron na data indicada.

Redacción - 11:20 22/03/2010

Até un 5% dos viños de gran reserva non son do ano que figura na súa etiqueta, segundo un estudo australiano que empregou o carbono 14 para datar o contido das botellas. O equipo de investigadores chegou á conclusión de que a fraude está estendida mundialmente.

O equipo determinou a idade do viño comparando a cantidade de isótopos de carbono 12 e de carbono 14, do mesmo xeito que se datan achados arqueolóxicos. A porcentaxe do carbono 14 aumentou na Terra dende finais dos anos 40, coas probas atómicas, o que tamén mudou a porcentaxe dese isótopo nas plantas, entre elas as viñas, publica Cosmos.

O estudo realizouse sobre 20 viños tintos australianos datados entre 1958 e 1997. Ao comparar os seus niveis de radioactividade cos da atmosfera, descubriron que até un 5% das etiquetas amosaban unha data moi anterior á da colleita real, o que supón un sobreprezo sobre o valor real do viño. Segundo os expertos, o uso do carbono 14 contribuirá a evitar unha fraude que, aseguran, se está a estender cada vez máis na venda de viños de alta categoría.


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: