Carlos Callón ofrece unha conferencia na UAB e presenta o seu libro “En castellano no hay problema” en Sargadelos Barcelona.
Carlos Callón (Ribeira, 1978) preside a Mesa pola Normalización Lingüística desde o ano 2002 e o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL) desde 2008, e participou activamente no impulso da plataforma Queremos Galego, da cal é un dos portavoces.
Licenciado en filoloxías galega e portuguesa, publicou diversas investigacións sobre sociolingüística e literatura -materias sobre as cales é un prolífico conferenciante- salientando Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela (A Nosa Terra, 2005). O seu último libro, En castellano no hay problema (Xerais, 2010), analiza a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Amais de colaborar con asiduidade en varios medios de comunicación, mantén o blog persoal http://www.carloscallon.com/.
Conferencia de Carlos Callón: Como desmantelar a oficialidade dunha lingua: situación e retos do galego
Xoves, 20 de maio ás 13 h
Aula 105 Facultat de Filosofia i Lletres
Universitat Autònoma de Barcelona
Presentación en de libro de Carlos Callón: “En castellano no hay problema"
Xoves, 20 de Maio ás 19:30 h
Galería Sargadelos
Provença, 276