Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
O GALEGO NO ENSINO

Anxo Lorenzo: “O modelo de inmersión é perfectamente lexítimo pero a sociedade galega non o quere”

O secretario xeral de Política Lingüística afirma que o modelo lingüístico de Infantil é semellante ao catalán.

Redacción - 11:57 23/05/2010
Lorenzo

Lorenzo

O máximo responsábel da área de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, defende o novo decreto que vén de aprobar esta semana o Consello da Xunta asegurando que busca un equilibrio entre as lingua e que cumpre un compromiso electoral. Na entrevista, publicada en La Voz de Galicia, Lorenzo recoñece que o modelo de inmersión lingüística (tan deostado polo PPdeG) “é unha técnica de aprendizaxe de linguas perfectamente lexítima” mais sostén que en Galiza este modelo non conta con apoio social.

Respecto ao polémico punto da consulta ás familias e a posibilidade de crear unha lei 'ad hoc' para poder facelo, Lorenzo defende a obstinación do Goberno porque “os compromisos están para cumprirse, sobre todo os que forman parte do contrato que os gobernantes establecen cos seus electores”.


1,32/5 (37 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: