Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Inaugurada por Lula esta semana

TV Brasil Internacional: a cara brasileira para o exterior

O proxecto comeza emitindo en probas para o continente africano e para América do Sur e co obxectivo de mudar a imaxe do país no mundo.

Redacción - 12:45 26/05/2010

"Non queremos que fique fóra a imaxe dos peores momentos do Brasil, senón a imaxe que somos". Así o reflexionaba o presidente do Brasil, Luis Inacio 'Lula' da Silva, na convicción de que a miúdo os episodios informativos que sobre o país transcenden ás emisoras de todo o mundo non son precisamente as que ofrecen unha imaxe atractiva sobre a realidade do día a día.

Deste xeito, e coa arela de que esta tv pública sexa "a cara do Brasil no exterior", nace a TV Brasil Internacional. "Esta tv pode ser o xeito de ser deste país, na cultura, no fútbol, na política", explicou Lula, "unha tv plena que vai espir este país marabilloso que o mundo non coñece". "Eu non quería unha tv para falar ben do Lula, senón unha tv para falar ben do país, que poida mostrar o Brasil como el é", subliñou o presidente brasileiro.

Presentada esta segunda feira, a TV Brasil Internacional inicia a súa emisión de xeito específico cara a medio cento de países do continente africano. Transmitirá 24 horas en lingua portuguesa seguindo o modelo das canles internacionais de BBC, RTVE ou RAI. En pouco tempo, as emisións chegarán a todo o continente americano e a Europa.

Contidos da canle poden ser tamén consultados a través da rede.


5/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: