O Goberno holandés, liderado polo seu primeiro ministro Wim Kok, demitiu un pleno logo de que se coñecera un informe oficial que deitaba a responsabilidade aniquilamento de 7.500 musulmáns por tropas serbias sobre o Goberno da Haia e o Exército holandés. Os feitos aconteceron o 11 de xullo de 1995, cando as tropas serbobosnias entraron na zona de seguridade de Srebrenica e asasinaron entre 7.000 e 8.000 homes desarmados. Esa poboación estaba baixo a protección das tropas da ONU, con maioría de cascos azuis holandeses, que non interviron para evitar a masacre. Esta renuncia ten máis valor simbólico que outra cousa, xa que as eleccións nos Países Baixos serán o vindeiro 15 de maio e a raíña Beatriz xa ordenou a creación dun goberno provisional. O informe foi elaborado polo Instituto para a Documentación da Guerra.
.