A Unión Soviética caíu en 1989, pero hoxe -a 2002- o seu dominio .su segue a existir. Un voceiro da ICANN anunciou recentemente nunha conferencia en Moscova que será retirado o ano vindeiro. O curioso é que a IANA (Internet Assigned Numbers Authority) rexistrou este dominio en 1990, que é xestionado desde entón por unha organización rusa non gobernamental RosNIIROS, e hoxe hai máis de 28.000 dominios .su existentes. E a polémica está servida: mentres uns avogan por poñerlle fin a este "sensentido", outros cren que non debería morrer, como Save.SU. ¿A solución? Na reunión que vai ter a ICANN a semana vindeira en Shanghai.
.