Traducción da carta enviada ao xornal londinense en árabe �al Quds al-Arabi�, recollida pola axencia Reuters.
"No nome de Deus, Clemente e Misericordioso, cando te castigan, tes que castigar do mesmo xeito a quen te castigou.
Mátaos aló onde os atopes; expúlsaos coma eles te expulsaron, a sedición é máis grave que o asasinato. Aos que cometen agresións contra ti, debes facerlles o mesmo.
As Brigadas de Abu Hafs al Masri prometeron no seu último comunicado referente ás explosións de Kerbala e Bagdad do 2 de marzo de 2004 que se preparaban para próximas operacións e cumprimos a nosa promesa: o escuadrón da morte conseguiu penetrar na profundidade da cruzada europea batendo nun dos piares dos cruzados e seus aliados: España, cun golpe doroso. É parte dun vello axuste de contas co cruzado España aliado de norteamérica na guerra contra o islam.
Onde está América, Aznar? Que te protexerá de nós, e a Gran bretaña, e a Italia, e a Xapón e a outros axentes? Cando golpeamos as tropas italianas en Nasiria xa lle enviamos aos axentes de América un aviso: retirádevos da alianza contra o islam. Pero non entendéstedes a mensaxe. Agora poñemos os puntos riba dos is. E agardamos que entendades a mensaxe.
Nós, as brigadas de Abu Hafs al Masri non estamos tristes pola morte de civís. É lexítimo que eles maten os nosos nenos, mulleres, vellos e mozos en Afganistán, Iraq, Palestina e Caxemira, mentres que é pecado que nós os matemos a eles? Deus todopoderoso di que "a quen te agrede debes agredelo".
Sacádenos a man de riba, liberade os nosos presos e saíde das nosas terras e deixarémosvos en paz. Os pobos dos aliados dos EEUU deben forzar os seus gobernos a rematar esa alianza na guerra contra o terrorismo, que significa guerra contra o islam. Se cesades a vosa guerra nos remataremos a nosa. Dicímosvos: o escuadrón do �fume da morte� alcanzarávos axiña nun sitio onde poderedes ver mortos milleiros, se deus quere, e isto é unha advertencia.
Dicímoslles aos musulmáns de todo o mundo que o golpe dos �ventos da morte negra� xa está na súa fase final, nun noventa por cento, se deus quere, no seu momento apropiado. Noutra operación, os escuadróns dos Soldados de Xerusalén golpearon os xudeus e os masóns en Estambul e tres masóns importantes morreron naquela operación, e de non ser por un erro técnico, terían morto todos os masóns.
Dicímoslle ao escuadrón Bilal ibn Rabah que aceptamos a oferta e logo da chegada do delegado comezará a acción. E dicímoslle ao escuadrón Abu Ali al Harfi.
Que o liderado de Al Qaeda decidiu considerar a Iemen o terceiro pantanal e darlle unha lección ao seu goberno apóstata que ven xusto despois de Pervez Musharraf. Por iso todas as células deben estar alerta e a acción comezará en 4515. E dicimos que os que matan a ulemas musulmáns sunís en Iraq que ergan as mans ou do contrario� Aviso ás nacións: non vos acheguedes ás instalacións civís ou militares dos cruzados americanos ou seus aliados.
Deus é grande, deus é grande. Xa chega o islam.
Brigadas de Abu Hafs al Masri Al Qaida
Xoves 20 muharram 1425, (11 de marzo do 2004)"