Un informe da Ombudsman da Policía de Irlanda do Norte (similar a un Defensor do pobo, mais centrado neste corpo de seguridade), Nuala O'loan, feito público este luns, confirma que, durante a década dos noventa, "informadores policiais unionistas participaron no Ulster en asasinatos e noutros graves crimes, namentres estaban a traballar para o Special Branch (forza policial encargada da seguridade nacional no Reino Unido)". O informe tamén afirma que oficiais da PSNI "protexeron aos asasinos e fixeron todo o posíbel para que non fosen capturados". Malia a gravidade das acusacións, é pouco probábel que os altos cargos implicados sexan detidos, dado que toda evidencia foi destruída. Ademais, polo momento, tampouco se fixeron públicos nin os nomes dos oficiais nin os dos informadores. Poden ampliar en The Independent e en BBC News.