Deixa un arquivo con máis de 6.000 copias
Un dos mellores fotógrafos do país no século XX, Ramón Caamaño, finou esta fin de semana. Veciño de Muxía, soubo captar coma poucos a paisaxe e a xente da Costa da Morte. Ao igual que Manuel Ferrol, Caamaño foi un deses fotógrafos en permanente contacto co pobo. Caamaño, que xa cumprira os 98 anos de idade, foi enterrado no seu concello natal este mesmo luns pola tarde.
As súas imaxes son documento moi valiosos para coñecer a sociedade do século pasado. O seu impresionante arquivo está composto por máis de 6.000 copias fotográficas.