Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
AS FRECUENCIAS DE RADIODIFUSIÓN SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE NON DAS EMPRESAS OU CORPORACIÓNS

Declaración final das Xornadas Internacionais de Telesur: O dereito a informar e estar informado

O consello asesor de TeleSUR aprobou un manifesto final ao que se sumaron todos os participantes das xornadas internacionais "O dereito cidadán a informar e estar informado" que culminou este domingo na cidade de Caracas, tras dous días de debates.Para garantir que sexa patrimonio da humanidade, é imprescindíbel unha democratización das frecuencias radioeléctricas en América Latina, onde a concesión das mesmas favoreceu a concentración en grandes grupos económicos, nacionais e transnacionais, e non a creación de televisoras de servizo público.

Xurxo Martínez Crespo - 10:15 21/05/2007

O consello asesor de Telesur tras dous días de reunións aproba o seguinte manifesto ao que se adheriron os participantes das xornadas.

As frecuencias de radiodifusión son patrimonio da humanidade, administradas polos Estados nacionais, para satisfacer o maior benestar dos seus pobos. Ninguén pode pensar que son propiedade dunha empresa ou corporación.

Polo tanto é potestade dos estados nacionais a concesión, revogación ou renovación das concesións, de acordo coa súa Constitución, as súas lexislacións nacionais e os criterios da ONU sobre dereitos humanos e o interese colectivo. Numerosos Estados, entre eles varios latinoamericanos, fixeron uso desa potestade soberana no pasado recente.

Este tema non ten relación algunha co da liberdade de prensa nin coa liberdade de expresión, o que significa unha ratificación clara e contundente dos dereitos fundamentais dos cidadáns sobre a libre expresión.

Para garantir que sexa patrimonio da humanidade, é imprescindíbel unha democratización das frecuencias radioeléctricas en América Latina, onde a concesión das mesmas favoreceu a concentración en grandes grupos económicos, nacionais e transnacionais, e non a creación de televisoras de servizo público.

Neste sentido, aplaudimos as recentes decisións da Arxentina, do Brasil e do Uruguai de rescatar o espazo público. En Arxentina, a canle cultural Encuentro, abre unha nova perspectiva desde o propio Estado. Brasil avanzou cara á conformación dunha televisión pública nacional, que involucra a emisoras estatais, rexionais, lexislativas, educativas, universitarias e comunitarias, ademais de usuarios e organizacións sociais. O Poder lexislativo uruguaio puxo en marcha unha nova lei para a radiodifusión comunitaria, que apunta á democratización do espectro radioeléctrico.

Denunciamos as campañas de manipulación e desestabilización ás que están sometendo os medios de comunicación aos gobernos de Bolivia e Ecuador nun intento de condicionar e impedir o desenvolvemento de políticas populares por parte deses executivos.

No caso específico da non renovación da licenza á televisora Radio Caracas Televisión RCTV en Venezuela, a decisión está totalmente axustada ao dereito, e non significa ningunha arbitrariedade, nin ilegalidade. Extraña, así mesmo, a inxerencia de organizacións internacionais e multilaterais en asuntos internos dun Estado, sobre todo cando a preocupación foi verbo intereses sectoriais dunha soa empresa, nun país onde existen máis de 45 televisoras e 800 radioemisoras privadas.

Caracas, 20 de maio de 2007


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A tiranía dos medios
A tiranía dos medios