O consello asesor de TeleSUR aprobou un manifesto final ao que se sumaron todos os participantes das xornadas internacionais "O dereito cidadán a informar e estar informado" que culminou este domingo na cidade de Caracas, tras dous días de debates.Para garantir que sexa patrimonio da humanidade, é imprescindíbel unha democratización das frecuencias radioeléctricas en América Latina, onde a concesión das mesmas favoreceu a concentración en grandes grupos económicos, nacionais e transnacionais, e non a creación de televisoras de servizo público.