Zdravko Tolimir é considerado un dos principais colaboradores de Ratko Mladic no masacre de Srebenica.
O Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia, ICTY, con sede na Haia, considera que Zdravko Tolimir "perpetrou, planeou, instigou, ordenou e contribuíu na planificación e execución de crimes contra a poboación non serbia durante a guerra en Bosnia.
Tolimir era o terceiro ex xeneral serbo-bosnio máis buscado entre os que se lle atribúen crimes de guerra. Foi detido este xoves na fronteira entre Serbia e Bosnia. Alén da súa relación co masacre de Srebenica, onde foron asasinados milleiros de bosnios, o tribunal internacional perseguíao por cando menos catro crimes de guerra, incluído asasinato, persecución política, racial e relixiosa e crimes de lesa humanidade.