Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de Galiza

Causa Galiza: o independentismo suma forzas

A plataforma recentemente creada mide en Compostela a súa capacidade para, alén de adscricións políticas individuais, xuntar voces no traballo en favor da "autodeterminación do país".

Redacción - 09:00 25/07/2007

Os promotores convocaron para este 25 de xullo unha manifestación que pretende aproveitar o Día da Patria para avanzar na difusión da proposta e xuntar nun acto común a un colectivo de esquerda que pretenden amplo e diverso e que sairá ás 13horas da Alameda de Compostela baixo o lema "Autodeterminación".

Así, e segundo explicaron na presentación de Causa Galiza hai poucos días, trátase dun modelo "flexíbel" e "inédito en Galiza" que procurará non afondar "en grandes debates ideolóxicos" que puidesen abrir fendas e afastar o obxectivo central. En consenso coa meta común, apoian xa Causa Galiza, formalmente constituída desde comezos do mes de xuño, numerosos militantes de organizacións independentistas, e tamén se suman á proposta desde algúns sectores do BNG. Ademais, persoas afíns a varios sindicatos e diversos colectivos sociais asinaron tamén a súa adhesión á iniciativa.

A plataforma ten xa ademais o blogue de Causa Galiza na rede.


4,9/5 (31 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: