Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de Galiza

O BNG convoca militancia e simpatizantes baixo o lema "A forza que fai país"

Avanzar na concienciación da importancia do autogoberno, incrementar afiliación e impulsar o apoio á formación cara ás próximas eleccións xerais son eixos clave que os nacionalistas queren destacar este mércores en Compostela.

Redacción - 09:00 25/07/2007

"Nunca o nacionalismo tivo tanta implantación territorial, tanta representatividade social e tanto poder político", destacou o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, hai un par de días e durante un acto en Ferrol, salientando que é por iso que despois do acceso á Xunta en 2005 e do incremento de representación nos concellos en 2007, o BNG "ten moito que celebrar o 25". Na opinión de Quintana, os últimos resultados electorais demostran "o fracaso de aqueles que tiñan en mente unha estratexia moi clara: que o panorama político na Galiza se convertese nun xogo a dous".

Forza que "fai país"
"O BNG sempre estivo na vangarda da reivindicación dos dereitos nacionais de Galiza, impulsando o autogoberno e contribuíndo a artellar a sociedade galega", afirmou Francisco Jorquera, coordinador da executiva do Bloque durante a presentación dos actos da formación para este 25 de xullo.

Jorquera explicou que foi nese sentido a escolla do lema "A forza que fai país", tratando de subliñar o que "está a facer o nacionalismo é por as institucións ao servizo da construción nacional de Galiza". Así, destacou a intención dos nacionalistas de "incrementar substancialmente a afiliación, facendo do BNG unha organización máis aberta á participación da sociedade galega, e dotar de máis forza ao BNG na política estatal para que os intereses de Galiza sexan defendidos como se merece".

A manifestación convocada polo BNG sae ás 12h da Alameda de Compostela e entra polas rúas da zona vella até a Praza da Quintana. Aló, intervirán Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova, e Anxo Quintana, voceiro nacional do BNG e vicepresidente da Xunta de Galiza.


3,71/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: