Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A empresa busca seguir na mesma localización

Elnosa: cantos anos máis cheirando na ría?

O Concello de Pontevedra asegura que completará o informe necesario para apoiar o traslado de Elnosa. Ademais, aseguran que a propia empresa dificultou a recollida de datos sobre a súa actividade.

Redacción - 09:00 28/07/2007

Confiaban os veciños de Pontevedra na salvagarda legal que lle impoñía a Elnosa o peche para o próximo 30 de outubro. Pero esta semana, o xulgado contencioso administrativo nº1 de Pontevedra, onde a empresa apelara, revogaba a negativa do goberno local pontevedrés á concesión do informe favorábel á súa actividade.

Ao respecto, o alcalde de Pontevedra insistía este venres en que as eivas que o xulgado dixo ver no estudo foron froito dos propios problemas da administración para obter os datos necesarios sobre Elnosa. Miguel Anxo Fernández Lores advertiulle á empresa de que o propio xulgado sinala unicamente que ese informe elaborado polo Concello debe ser "maior e máis completo".

Nese sentido, avanza que os técnicos locais xa traballan nesa ampliación do documento. "O Concello de Pontevedra vai poñer na mesa os datos necesarios para que a Consellaría de Medio Ambiente tome a decisión pertinente", engadiu. Subliña que esa decisión "non pode ser outra que o traslado". "Nin se atén á lexislación vixente nin ao interese dos cidadáns", sostén o rexedor, para quen a Xunta debe actuar en consecuencia e evitar interpretacións "parciais e sesgadas" como a que na súa opinión suxire a posíbel continuidade de Elnosa a pé da ría de Pontevedra.

Anos de cheiro e tóxicos á beira da cidade

Cloro, sosa, ácido clorhídrico e hipoclorito. Catro sustancias tóxicas para as persoas e o medio que en elevadas cantidades acollen as instalacións de Elnosa en Lourizán. Por riba, no proceso industrial usan grandes cantidades de mercurio, en cantidades que se resisten a revelar, segundo denuncia a Asociación pola Defensa da Ría (APDR), que denuncia o potencial contaminante desta sustancia, que se libera no aire e pasa á auga e o solo.

"
Dado que é Elnosa, con moito, a principal emisora de mercurio ás augas da ría de Pontevedra resulta evidente que este mercurio acumulado nos sedimentos procede na súa case totalidade da factoría", critican desde o colectivo. Quéixanse ademais de que bota man da "máis obsoleta e contaminante das tecnoloxías dispoñíbeis e economicamente viábeis" para a fabricación de cloro, ácido clorhídrico e hipoclorito sódico.

"Deberían comezar xa a planificar o desmantelamento das instalacións en condicións de seguridade", veñen insistindo desde a asociación, recordando ademais que o perigo dos produtos almacenados na factoría crea importantes riscos para o propio proceso de traslado.


4,44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: