Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVA VERSIÓN DE 'TRADUCÍNDOTE'

Xa se poden traducir ao galego arquivos de Word en castelán

O estudante de Marín autor deste programa pide tolerancia ante os comentarios ofensivos que recibiu por non traballar coa combinación inglés-español

Redacción - 16:25 20/09/2007

O programador de Traducíndote, Oscar Hermida, acaba de lanzar unha nova versión deste eficaz tradutor automático de software libre. Por vez primeira unha ferramenta deste tipo é quen de traballar con arquivos de Microsoft Word, o editor de textos máis popular, na língua do país.

Traducíndote verte do galego, o portugués e o catalán ao español, e viceversa. En realidade funciona coa base lingüística creada pola iniciativa pública Apertium, tamén de software libre.

A facilidade coa que calquera pode engadir novas funcionalidades a Apertium -como neste caso a tradución de arquivos “.doc”- é unha proba das vantaxes que o uso de código aberto aporta á creación de programas informáticos en galego

Ataques polas linguas empregadas
Por último, cómpre sinalar que na súa web, Oscar Hermida laméntase de ter “tido que aguantar todo tipo de comentarios, algúns deles ofensivos, e correos a raíz dos pares de idiomas que permite traducir”.

O autor -que é alumno do Instituto Chan do Monte de Marín- defende que se invistan máis cartos públicos en ampliar o abano de idiomas de Apertium. “Cantos máis idiomas se traduzan automaticamente mellor, e de todas as combinacións posíbeis, como se existe un tradutor do élfico ao español, si unha asociación de frikis quere… ¿porque non?” preguntase o informático, quen tamén pide “tolerancia” aos usuarios.


4,92/5 (24 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: