Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non adianta nomes de adhesións

Terra Galega reclamará a paralización da Cidade da Cultura

O seu presidente de Terra Galega, Pablo Padín, anunciou este sábado que a formación enviará a próxima semana unha resolución ao Parlamento autonómico.

Redacción - 10:15 28/10/2007

Quérenlle pór freo ao que consideran "unha dilapidación". Como declarou a Europa Press, Padín lamenta que o goberno asumise un proxecto nado, para a súa idea, “da chochez dun faraón", malia non saber "o que quere facer" no Gaiás. O responsábel da formación política afirmou que o proxecto "hipoteca a economía de Galiza".

Por outra parte, sobre as xuntanzas que Terra Galega mantén con formacións independentes para incorporalas, Padín amosouse optimista, e, malia non achegar nomes, falou de "catro ofertas que están pendentes de concretar". A formación mantivo este sábado en Compostela a II Convención Municipalista.

Padín lembrou que a formación conta na actualidade con 66 concelleiros, cinco alcaldes e a presenza no Goberno de 18 municipios, e aínda sinalou "nos próximos tres ou catro meses entrará noutros dous concellos, cunha moción de censura ou outras vías".


4/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: