Máis de dous milleiros de rapaces e rapazas foron protagonistas o pasado 27 de novembro da convocatoria a prol do patrimonio inmaterial galego-portugués. "Reflicte ben ás claras a forza na que se sustenta esta Candidatura e que identifica a súa orixe: a comunidade educativa dos dous lados da fronteira que desde hai máis de13 años veñen participando na experiencia de comunicación de Ponte...nas ondas!", sosteñen desde o colectivo.
Gravado e producido por Casa de Tolos de Gondomar, o videoclip pódese ver no Youtube e formará parte do conxunto de materiais enviados á Unesco en aval da candidatura galego-portuguesa. "Estamos ás portas do definitivo proceso de recoñecemento deste patrimonio cultural, procedemento que agora deberán realizar os respectivos gobernos de Portugal e España", afirma os promotores de Ponte nas Ondas.
Asina aquí polo patrimonio