Os estabelecementos comerciais do municipio pecharon ao público dende as 17.00 horas para poder asistir ao funeral. O dispositivo de busqueda continúa activo este domingo.
Un milleiro de veciños encheron este sábado á tardiña a Lonxa de Ribeira (A Barbanza) para recordar o mariñeiro falecido e os catro desaparecidos no afundimento do barco Cordero, na madrugada do martes, nunha homilía presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
A xeito de homenaxe, tal e como pedira o concello, os estabelecementos comerciais de Ribeira pecharon ao público dende as 17.00 horas para asistir ao funeral.
Ademais dos ribeirenses, tamén se desprazaron numerosas autoridades políticas do país: o presidente e vicepresidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana; os conselleiros de Pesca e Traballo, Carmen Gallego e Ricardo Varela; o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.
Ademais estiveron presentes a ministra española de Pesca, Elena Espinosa; e o delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras.
Tras a cerimonia, as autoridades ofreceron o pésame ás familias da vítima, Francisco Alboreda Rey, e dos tripulantes desaparecidos que puideron acudir, entre os que atopan dous mariñeiros indonesios e os galegos Alberto Otero González e Xosé Afonso Sotelo.
Neste senso, na xornada deste domingo van continuar os labores de búsqueda do dispositivo despregado polos gobernos españois e galego, ao que se suma a comunidade autónoma de Asturias.