Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Estado Español

Os créditos e máis a hipoteca levan, mes a mes, o 40% dos soldos

De cada 100 fogares, 78 teñen que lle facer fronte a tres ou máis créditos, segundo un estudo publicado pola Axencia Negociadora de Produtos Bancarios.

Redacción - 14:15 24/03/2008
O 78% dos fogares faille fronte a tres ou máis créditos

O 78% dos fogares faille fronte a tres ou máis créditos

Tres de cada catro persoas no Estado Español dedica actualmente máis do 40 por cento do seu salario mensual a pagar empréstitos e financiamentos, como, por exemplo, o gastado coa tarxeta de crédito ou a hipoteca.

Son datos da Axencia Negociadora de Produtos Bancarios que esta segunda feira recollen os xornais económicos e que saíron dun estudo feito cun milleiros de persoas de entre 25 e 65 anos o mes pasado, e cuxos resultados foron comparados cos de 2007.

A información elaborada por esta Axencia tamén reflicte que estas cifras medraron 13 puntos porcentuais nos últimos cinco meses, é dicir, que cada vez é meirande a cantidade de cartos que se dedican a pagar créditos e empréstitos. de feito, as familias cada vez teñen que facer máis esforzos para lles facer fronte ás súas débedas, cousa que se reflicte no feito de que agora mesmo o 78 por cento dos fogares do Estado Español ten que facerlle fronte a tres ou máis créditos.

Menos créditos pagan o 52% dos cidadáns españois (tres xustos); dous créditos pagan o 17 por cento, mentres que só o 5 por cento da poboación estatal debe pagar un único crédito hoxe en día.

Recórrese á reunificacións das débedas
Con todo o anterior, non son estraños os datos sobre o emprego da reunificación das débedas, á que recorren o 57 por centos dos cidadáns do Estado Español. Isto significa que máis da metade das persoas endebedadas prefiren pagar menos ao mes, mais asumindo, a cambio, un aumento do prazo e do montante final da débeda.

O informe tamén reflicte a mellora da cultura financeira no Estado, posto que a gora xa dous de cada tres debedores sabe da figura dos intermediarios financeiros como entidades que se encargan de reunificar as débedas, servindo de ponte entre o cliente e o banco, caixa ou entidade prestamista.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: