Estaba acusado de crimes de guerra e lesa humanidade. A Corte Penal Internacional condenou outro guerrilleiro por torturas.
A Corte Penal Internacional para a antiga Iugoslavia (ICTY, nas súas siglas en inglés) absolveu esta quinta feira o ex comandante do Exército de Liberación de Kosovë (UÇK) Ramush Haradinaj das acusacións de crimes de guerra e lesa humanidade, presuntamente cometidos entre marzo e setembro de 1998.
"A cámara considérao non culpábel e ordena a súa liberdade en canto sexa posible", declarou o xuíz holandés Alphons Orie, que presidía a sala da ICTY. O fiscal solicitara 25 anos de cadea contra Haradinaj, de 39 anos, considerado un heroe por moitos cosovares.
O tribunal absolveu ademais o antigo membro da guerrilla albano-cosovar Idriz Balaj. Porén, condenaron o tamén ex guerrilleiro Lahi Brahimaj a seis anos de prisión polos crimes de tortura e tratamento cruel.