Pouco despois de que a voceira do executivo, Miren Azkarate, anunciase a iniciativa, PSE e PP mostraron a súa oposición total.
A voceira do executivo vasco, Miren Azkarate, anunciou este domingo que o goberno autónomo está a traballar nunha lei que lle dea seguridade xurídica e política á consulta popular que prepara o lehendakari Ibarretxe para o vindeiro outono. Tamén explicou que a proposta do goberno vai poder ser discutida proximamente polos deputados vascos.
Azkarate fixo estas declaracións na localidade Amorebieta, co gallo da festa anual das ikastolas de Biscaia. A lei regulará unha consulta que virará arredor de dúas preguntas unha sobre o principio ético contra a violencia e outra sobre o principio democrático de que o pobo vasco ten dereito a decidir o seu futuro.
Dirixentes do PSE e do PP reaccionaron pouco despois mostrando a súa oposición á proposta do goberno vasco.
Poden ampliar en Deia e en El Correo Digital