A renuncia do secretario local, Xosé Vicente Domínguez, deixa a formación sen cabeza visíbel.
Xosé Vicente Domínguez / SocialistasdeRibeira.org
Unha xestora de cinco persoas dirixirá o PSdeG en Ribeira despois da recente dimisión do seu secretario local, Xosé Vicente Domínguez, que xa renunciara ao seu escano hai seis meses. Segundo fontes socialistas, a xestora rexerá a agrupación até setembro, cando se prevé que se desenvolva o congreso municipal, despois do estatal e do nacional.
Domínguez encabezou a candidatura socialista á alcaldía de Ribeira nas dúas últimas eleccións municipais. De feito, a súa escolla como número 1 do PSdeG en 2003 provocara unha escisión no seo da formación local, dando lugar á creación de Iniciativa Progresista de Ribeira. O concello do Barbanza é o de máis poboación de Galiza cun goberno do PPdeG, que dispón de maioría absoluta, con 11 concelleiros, fronte a 6 do BNG, 2 de IPR e 2 do PSdeG.