Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Xustiza en Galiza

O PP pide en Madrid 48 xulgados e a Xunta anuncia un estudo da "situación real"

Solicitan que se creen 12 por ano até a fin da lexislatura para evitar o "colapso" no noso sistema xudicial, e o conselleiro de Presidencia fai moca.

Redacción - 18:45 02/06/2008
Os casos sen resolver acumúlanse

Os casos sen resolver acumúlanse

Os deputados do PP no parlamento español Celso Delgado e Xesús Vázquez solicitáronlle ao goberno de José Luis Rodríguez Zapatero que adopte medidas para evitar o "colapso" no sistema xudicial do noso país coa adxudicación de 12 novos xulgados cada exercicio desta lexislatura.

Nunha pregunta escrita dirixida á Mesa do Congreso, Delgado e Vázquez consideran que os 232 xulgados e os 2.700 funcionarios de Xustiza que hai en Galiza "non impiden que a Comunidade sexa a cuarta máis colapsada no que se refire á resolución de casos presentados ante os tribunais".

Libro Branco da Xustiza

Precisamente, nunha xuntanza organizada este luns na Coruña, a Fiscalía de Galiza e a Consellaría de Presidencia acordaron a creación dun Libro Branco da Xustiza, coa participación dos sectores implicados, que permita coñecer "a situación real" en que se atopa. Os traballos comezarán a mediados deste mes.

O conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, avanzou que se tratará dun "documento de análise dos problemas, que permitirá extraer conclusións e recomendacións sobre as decisións que se deben tomar a medio prazo para solucionalos".

Respecto da petición dos deputados do PP, Méndez Romeu considerou que "na oposición se está para pedir", algo que respectou "porque en conmemoración de Maio do 68 hai que pedir o imposíbel". No entanto, sinalou que é un problema "nada sinxelo e con varias causas nas que hai que avanzar ao ritmo que marca o Ministerio".


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: