Despois das mobilizacións cidadás contra a autorización da importación de carne dos EUA.
O presidente de Corea do Sur, Lee Myung-bak, ten enriba da mesa a dimisión de todo o goberno, co primeiro ministro, Han Seung-soo, á fronte. O executivo decidiu así asumir a súa responsabilidade no abrollo dunha crise no país despois de autorizaren un polémico acordo cos Estados Unidos para permitir a importación de carne de vacún.
O medo ao mal das vacas tolas entre os cidadáns surcoreanos provocou masivas manifestacións nas rúas. A mobilización xa levara ao goberno a bloquear a entrada en vigor do acordo comercial cos EUA, asinado o pasado mes de abril. Segundo a prensa local, a crise podería resolverse finalmente coa aceptación das dimisións dos ministros directamente implicados na negociación, os de Exteriores, Agricultura e Finanzas.
Máis no Korea Herald e Seoul Daily.