Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE ENTREGAR MÁIS DE 19 MIL SINATURAS

Impídenlle á CIG explicar a iniciativa contra o plus de altos cargos no Parlamento

O xefe de seguridade da cámara prohibiulle a dirixentes do sindicato facer declaracións no recinto.

Redacción - 17:40 17/06/2008

A entrega de sinaturas contra o plus de altos cargos non foi tan tranquila como se agardaba. Logo de entregar máis de 19 mil sinaturas para darlle forma á Iniciativa Lexislativa Popular, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, acompañado do responsábel da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e do avogado Héctor Ruíz foron expulsados do Parlamento cando intentaban falar cos xornalistas. O xefe de seguridade da Cámara impediu que os sindicalistas fixesen ningunha declaración diante dos medios alegando que tiña ordes superiores.

Seixo cualificou de “sorprendente e alarmante” o sucedido no Hórreo. Ademais, o sindicalista considerou que o sucedido é especialmente “lamentábel ao vir precisamente dunha mesa na que teñen maioría dúas organizacións políticas de esquerda”. Dende a CIG piden que se aclare quen deu as ordes e sinalan que se se demostra que partiron da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, pedirán a súa dimisión.

O BNG presenta un escrito de protesta
O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, remitiulle pouco despois dos feitos un escrito de protesta á presidenta do Parlamento pola expulsión de dirixentes da CIG. Aymerich sinala que non é a primeira vez que se lle impide falar no Hórreo a membros de organizacións sociais. Lembra que o mesmo que lle sucedeu á CIG tamén lle pasou á Mesa pola Normalización Lingüística un impedimento, que, asegura Aymerich, “semella non ser de aplicación a outras asociacións ou persoas”.


4,33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: