Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENRIC DURAN, activista catalán

'Róuballes' medio millón aos bancos para concienciar contra o capitalismo

Co recadado publica unha revista que informa de como os bancos fan o mesmo con nós, inviste en movementos sociais e fuxe ao estranxeiro.

Redacción - 18:15 17/09/2008

Un activista catalán, Enric Duran, conseguiu case medio millón de euros en créditos de 39 bancos, que foi recadando durante máis de dous anos, e despois fuxiu. Aínda así, unha parte do diñeiro destinouno a publicar Crisi, unha revista que se repartiu de balde o 17 de setembro e que se pode descargar da web 17-s.info.

A publicación informa de como nos 'rouban' os bancos e como facer para darlle a volta á situación. De feito, conta como fixo para conseguir todos eses cartos, que non pensa devolver, e para criticar o sistema bancario. Outra parte do diñeiro dooulla a movementos sociais. Duran explica que a súa estafa é un novo xeito de desobediencia civil.

Todo comezou no ano 2006, cando decidiu estudar o funcionamento do sistema bancario. Inventou unha profesión e unha nómina falsa que lle daba aparencia de solvente. Entón, comezou a pedir créditos en bancos e caixar argumentando que quería mercar un coche ou reformar o piso. Tamén creou unha empresa para xustificar investimentos, como a compra de material audiovisual. Ao funcionar a través dunha compañía, puido burlar o rexistro de impagos do Banco de España.

Unha vez liquidados xuros, comisións, notarios e impostos, quedáronlle 360.000 euros netos, que investiu en accións de concienciación sobre a crise económica. Agora que 'Crisi' está nas rúas, Duran xa fuxiu do país.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: