Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións locais

A segunda volta das municipais brasileiras trae triunfos clave da fronte anti-Lula

São Paulo, Salvador e Porto Alegre son tres exemplos chave onde a vitoria foi para coalicións locais contra o Partido dos Traballadores e as súas alianzas.

Redacción - 09:00 27/10/2008

A principal loita, a da maior cidade do país, São Paulo, virou esta fin de semana en favor de Gilberto Kassab, do Partido Demócrata, quen foi quen de superar nas urnas en apoios a Marta Suplicy, candidata do Partido dos Traballadores (PT). Un total de 11 das 26 capitais do país votaban así en segunda volta despois de saír da primeira quenda sen maioría absoluta para ningún candidato. A desputa en São Paulo era ademais especialmente significativa pola aspiración do gobernador do estado, José Serra, a loitar nos comicios presidenciais de 2010 fronte á previsíbel sucesora de Lula, a ministra Dilma Rousseff.

No xogo de alianzas, os candidatos con apoio do PT gañaron as alcaldías de Belo Horizonte, onde os de Lula concederon o apoio ao candidato socialista, e Río de Janeiro, onde era cartel o centrista Eduardo Paes. Precisamente, os centristas do PMDB, sostén parlamentario clave de Lula, votaron contra o PT en Porto Alegre, São Paulo, Salvador e Belo Horizonte, malia recibiren o apoio petista en Río. Curioso é o caso de Belo Horizonte, onde o empresario Marcio Lacerda, pertencente ao Partido Socialista Brasileño (PSB) saíu vencedor co apoio respectivo de PT e PSDB, neste último caso coa beizón do gobernador de Minas Gerais, Aecio Neves, á súa vez candidato a disputarlle a Serra o liderado do PSDB para 2010.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: